quenda de tarde
10 de mar. de 2024
Poema en títulos
8 de mar. de 2024
I got myself
26 de feb. de 2024
Esta frase ten cinco palabras
23 de feb. de 2024
Achegarse á poesía de Rosalía en cancións
Empezamos cuns versos de Follas novas na versión de Lia Pamina e os peregrinos, tan etérea como as nubes que van de paso.
Negra sombra en árabe
20 de feb. de 2024
Por se o mundo ficar pesado
8 de feb. de 2024
Paseo por San Simón
Xa que este curso o alumnado reclama unha visita á illa de san Simón, resgatamos este vídeo do fondo do blog, para ir facendo ganas.
11 de xan. de 2024
Senegal e a lingua wólof
Wolof é unha das linguas de Senegal e fálase ademais noutros países de África como Gambia, Mauritania e Guiné.
Los libros de Nur: Español- Wólof
Curso on line gratuíto de lingua e cultura Wólof o 28 de marzo
Linguaxe universal é sen dúbida a música. Con ela sempre nos entendemos. En wólof hai palabras en común co árabe, como Malaikala que son os dous anxos da canción de Ismael Lô. Como Salamualeikum, o saúdo da paz.
Cheik e Bay contan en clase que Tajabone é a festa que se celebra en Senegal no remate do Ramadán. Nesa festa os nenos saen á rúa vestidos de nenas e viceversa.
8 de nov. de 2023
Motivos para migrar
30 de out. de 2023
Madagascar e a lingua malgaxe
Frente ás costas de Mozambique, no océano Índico e ao sureste do continente africano, encóntrase Madagascar, unha illa cunha biodiversidade única nos seus máis de medio millón de quilómetros cadrados. Actualmente supera os trinta millóns de habitantes. A capital é Antananarivo.
As linguas principais son o malgaxe (malagasy) e o francés. O malgaxe, lingua autóctona da illa, é de orixe austronesia como o malaio, xavanés, hawaiano e samoano e declarouse oficial só a partir de 2007 a raíz da aprobación da lei de política lingüística.
O malgaxe recibiu, ao longo da historia, influencias de linguas bantúes de África oriental como o suahili, do árabe, do francés e do inglés. Cunha rica tradición oral, empezou escribíndose en sorabe, adaptación local do alfabeto árabe, e, a partir do século XIX, en alfabeto latino.
Existen numerosos dialectos como a lingua merina falada na meseta central e que serve de base ao malgaxe. Outros dialectos teñen nomes como taisaka, bushi, bara, masikoro, taimanambondro, sahafatra, tambahoaka, zafisoro, tankarana, taimoro, sakalava, tanosy ou tsimihety..
A poboación é unha equilibrada mestizaxe entre indonesia e africana oriental, a maioría malgaxe.
20 de set. de 2023
Educación para persoas adultas
Da oferta formativa proposta pola Consellería no Diario Oficial, no IES de Rodeira temos de todo, menos Bacharelato, que no Morrazo hai só en Bueu. En ocasións, até preparamos as probas de acceso a Ciclo Medio que normalmente teñen lugar no noso instituto.